Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017028TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 1 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017028TA-PO contra Milton César Olmedo, co NIE Y1099775K, como titular do establecemento Club As de Copas.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Milton César Olmedo o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2 .f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 6 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017028TA-PO.

Denunciado: Milton César Olmedo, co NIE Y1099775K.

Último enderezo coñecido: rúa San Pedro Bautista, 4, 1º, porta 1, 05001 Ávila.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Disposición adicional terceira: «Nos centros ou dependencias nos que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco...».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).