Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15830

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de postos directivos entre o persoal laboral de administración e servizos.

Convocada mediante resolución da Universidade de Vigo, do 10 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), a provisión polo sistema de libre designación de postos directivos, vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos Estatutos da Universidade de Vigo, esta Reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Adxudicar os postos que se indican:

– Director técnico de Benestar, Saúde e Deporte, a Javier Rial Boubeta.

– Directora técnica da Oficina de Relacións Internacionais, a Amelia Rodríguez Piña.

– Subdirectora da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, a Alejandra Vilas Rodríguez.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse no día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O persoal designado para ocupar estes postos de libre designación poderá ser cesado discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de marzo de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo