Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15832

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4717/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4717/2016

Xulgado de orixe/autos: despido/ceses en xeral 414/2016. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Flozep Tech, S.L.

Avogado: Josep Serra Ruaix

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio

Recorridos: Fogasa, Mónica Santos Carrillo, Perroflauta Producciones, S.L., Maboi RRHH, S.L.

Avogada: Fogasa, María Sol Romero Salgado

Eu, M. Asunción Barrio Rúa, letrado da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4717/2016 desta sección, seguido por instancia de Flozep Tech, S.L. contra o Fogasa, Mónica Santos Carrillo, Perroflauta Producciones, S.L., Maboi RRHH, S.L. sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, con desestimación do recurso interposto pola empresa Flozep Tech, S.L., confirmamos a sentenza que con data do 15 de xullo de 2016 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, por instancia de Mónica Santos Carrillo e pola que se acolleu a demanda formulada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma A Perroflauta Producciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza