Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15829

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se procede á revogación da Resolución do 10 de xaneiro de 2017 (anuncio no Diario Oficial de Galicia número 23, do 2 de febreiro), pola que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefatura do Servizo de Medicina Interna.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da Resolución do 13 de marzo de 2017, pola que se procede á revogación da Resolución do 10 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 2 de febreiro), pola que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefatura do Servizo de Medicina Interna.

Segundo. O texto íntegro da resolución estará exposto nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 13 de marzo de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña