De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia de incidencias en expedientes da renda básica de emancipación-trámite de audiencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente |
Nome |
DNI/ NIE |
Dependencia para a comparecencia |
RBE-40497-13 |
Paola Andrea Arbeláez Orozco |
…955R |
Santiago de Compostela |
RBE-39790-12 |
Adrián Orosa Nogueira |
…966E |
Santiago de Compostela |
RBE-39702-12 |
Cristina Gil Verea |
…839A |
Santiago de Compostela |
RBE-22457-09 |
Macarena Esmorís Riveiro |
…752N |
Santiago de Compostela |
RBE-21151-09 |
Gonzalo Andrés Montero |
…030D |
Santiago de Compostela |
RBE-17187-08 |
Silvia Margarita García María |
…975P |
Santiago de Compostela |
A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis, 1º. 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.
Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, Polígono das Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.
Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28. 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.
Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2, baixo. 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.
* Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7, baixo. 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, 36206 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 49 45 62.