Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento e soporte especializado do sistema de tradución automatizada da Administración pública galega (expediente 2017/PA/0004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo de evolución, mantemento e soporte técnico especializado da plataforma de tradución automatizada Gaio.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 29.12.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 208.800,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 104.400,00 € máis 21.924,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 126.324,00 € (cento vinte e seis mil trescentos vinte e catro euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 17.3.2017.

c) Contratista: Factoría de Software Multimedia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 117.370,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia