Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de febreiro de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Outros Adaxes, S.L. para a segunda modificación substancial da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Xufre (A Illa de Arousa), para a explotación de zona de varada e foso de Travelift de reparación de embarcacións con destino á ampliación de nave (expediente 13-04-12-C1).

Alejandro Diéguez Pazos solicita, en nome e representación da entidade Outros Adaxes, S.L., a segunda modificación substancial da concesión administrativa para a explotación de zona de varada e foso de Travelift para reparación de embarcacións no porto do Xufre (A Illa de Arousa), segundo o proxecto de ampliación de nave metálica desmontable para a reparación e o mantemento de embarcacións, redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos en xuño de 2016.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia