Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de marzo de 2017 polo que se anuncia trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada pola empresa Brokenboats, S.L. para ocupación de terreos portuarios para despezamento de buques e recuperación dos seus materiais no porto de Brens-Cee.

A empresa Brokenboats, S.L. solicitou ao ente público Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Brens-Cee con destino ocupación de terreos portuarios para despezamento de buques e recuperación dos seus materiais, nunha parcela de 2.988 m2.

Polo que, en cumprimento do artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, faise público para que nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, debendo reunir os requisitos previstos no artigo 84 do Real decreto lei 2/2011.

As solicitudes xunto coa documentación indicada no artigo 84 do Real decreto lei 2/2011, terán que presentarse mediante escrito dirixido ao presidente do ente público Portos de Galicia, no Edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame das 9.00 ás 14.00 horas, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitas no enderezo indicado anteriormente, ou na páxina web www.portosdegalicia.gal

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia