Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de alleamento mediante poxa pública das vivendas municipais da rúa República Arxentina (expediente 1863/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 23 de febreiro de 2017, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o procedemento para o alleamento, mediante poxa pública á alza en sobre pechado, de once vivendas municipais na rúa República Arxentina 12-14, declaradas desertas na poxa pública precedente, e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación por medio da publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1863/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Lotes que se van a allear: 11 lotes (ver detalle).

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.

Modalidade de alleamento: poxa pública á alza en sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante

Prazo de presentación de ofertas: un ano desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria, ben no BOP ou ben no DOG.

Lugar de presentación de ofertas (*): luns a venres: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas.

(*) Presentación por outros medios segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por correo electrónico áo enderezo urb.scentrais@vigo.org

Forma de presentación de ofertas: a indicada no punto 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas: con periodicidade mensual na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 11.00 horas do primeiro venres de cada mes, para a análise das posturas presentadas no mes inmediatamente anterior, salvo no caso de que non se presentase ningunha oferta. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición dos lotes:

– Lote 1: piso 1º D da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 429, superficie construída: 91,18 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0010YE.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 163, predio rexistral 83376. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 149.207,07 €.

– Lote 2: piso 1º F da rúa República Arxentina nº 14.

Número de IPMS: 431, superficie construída: 79,99 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0012IT.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 169, predio rexistral 83378. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 129.510,23 €.

– Lote 3: piso 2º B da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 433, superficie construída: 112,65 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0014PU.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 175, predio rexistral 83380. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 203.374,07 €.

– Lote 4: piso 2º C da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 434, superficie construída: 79,54 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0015AI.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 178, predio rexistral 83381. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 129.625,85 €.

– Lote 5: piso 3º B da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 439, superficie construída: 112,65 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0020DP.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 193, predio rexistral 83386. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 206.431,32 €.

– Lote 6: piso 3º C da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 440, superficie construída: 79,54 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0021FA.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 196, predio rexistral 83387. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 131.593,23 €.

– Lote 7: piso 4º C da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 446, superficie construída: 79,54 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0027BJ.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1556, libro 1556, folio 214, predio rexistral 83393. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 133.560,61 €.

– Lote 8: piso 5º C da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 452, superficie construída: 79,54 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0033MB.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1561, libro 1561, folio 7, predio rexistral 83399. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 135.527,99 €.

– Lote 9: piso 5º D da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 453, superficie construída: 91,18 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0034QZ.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1561, libro 1561, folio 10, predio rexistral 83400. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 164.959,47 €.

– Lote 10: piso 6º C da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 458, superficie construída: 79,54 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0039YE.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1561, libro 1561, folio 25, predio rexistral 83405. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 138.151,16 €.

– Lote 11: piso 6º D da rúa República Arxentina nº 12.

Número de IPMS: 459, superficie construída: 91,18 m2.

Ref. catastral: 3364014NG2736S0040RQ.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, tomo 1561, libro 1561, folio 28, predio rexistral 83406. Sen cargas e gravames.

Tipo de licitación: 168.137,95 €.

Vigo, 2 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo