Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto de rehabilitación e transformación do contorno da Gran Vía.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Fomento. Nº de expediente: 4467-440.

2. Obxecto do contrato: a redacción do proxecto de execución das obras de rehabilitación e transformación do contorno urbano da Gran Vía (entre a rúa Lepanto e a rúa Nicaragua).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: tres (3) meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 180.000 euros. IVE para soportar pola Administración: 37.800 euros. Orzamento total: 217.800 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si (por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente).

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financiera: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Serán traballos de igual ou similar natureza os relativos á redacción de proxectos de obras de construcción de obra civil e edificación. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe do 80 % proxecto Edusi Vigo Vertical. Se finalmente é aceptada a súa proposta, vai aparecer na lista pública prevista no artigo 115, número 2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 24 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación