Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 71/2017 interposto polo Comité de Empresa de Pontevedra desta universidade.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 71/2017 interposto polo Comité de Empresa de Pontevedra da Universidade de Vigo contra a Resolución reitoral de 30 de diciembre de 2016 pola que se desestima recurso de reposición contra a aprobación da relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo por acordo do Consello de Goberno do 10.10.2016.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 13 de marzo de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo