Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeva (expediente IN407A 2017/3-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: adecuación CR 32CR58 H.E. San Miguel.

Situación: Trado.

Características técnicas:

Reforma e adecuación do CR 32CR58, no que se proxectan 4 celas de liña prefabricadas modulares baixo envolvente metálica tipo SF6 e que susbtitúen ao embarrado tradicional existente, situado no lugar de Trado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de marzo de 2017

A. Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense