Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/121-2, 8430 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: automatización do CT 8297 Retorta.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV en dobre circuíto con orixe no apoio 63 da LMT Fazouro e final no CT Retorta, cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

2. Reforma do CT existente non prefabricado Retorta (8297), cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA, no que se constrúe un depósito de recollida de aceite, unha canle de celas de MT, un tabique de separación, un falso teito, unha porta de acceso ao trafo, unha porta de acceso ás celas de MT, unha porta de acceso ao cadro de BT, reixas de ventilación e pintado de paredes, chan, teito. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, un cadro de baixa tensión, realízanse as pontes CT-MT e CT-BT e reinstálase o concentrador e o transformador de 100 kVA.

3. Instálanse dous mandos motores, dous relés de control, un relé electrónico e toroidales de intensidade, todo iso para telemandar dúas celas de liña, a 17 e a 27 desde o centro de control de Viesgo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 21 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo