Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Begonte (expediente IN407A 2016/146-2, 8455 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: cambio de máquina e LBT para NS 47162 en Baltar (parroquia de Damil).

Situación: concello de Begonte.

Características técnicas:

1. Substitución do transformador existente (75 kVA) 20.000/220-127 V no CT Damil (12649) por outro de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V/200-127 V, instálase tamén un novo cadro de baixa tensión CBT-2 a 400/230 V.

2. Liña aérea de baixa tensión con orixe na RBT existente do CT Damil (12649) en condutor tipo RZ, cunha lonxitude de 3 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 9 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo