Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 561/2016, do 29 de setembro de 2016, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 29 de setembro de 2016, pronunciou a Sentenza número 561/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4242/2014, interposto por Elisa Lestao Fra, Sara Díaz Lestao, Amara Díaz Gómez, Eladio Díaz Lestao e Maderas Díaz, S.L., en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 31 de marzo de 2014 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Burela, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Elisa Lestao Fra, Sara Díaz Lestao, Amara Díaz Gómez, Eladio Díaz Lestao e Maderas Díaz,  S.L. contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos en canto o PXOM a que dá aprobación establece para as parcelas dos demandantes con fronte á avenida Arcadio Pardiñas, e situadas ao oeste da rúa Sucaselas un fondo edificable de 9 metros, e declaramos que procede establecelo en 18 metros. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposición das custas procesuais».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo