Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (509/2016).

Eu, María del Carmen García Rebolo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 509/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Freijo Fernández contra Lucía Testa Villaverde e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por María Teresa Freijo Fernández, representada pola letrada Sra. Souto Neira, contra Lucía Testa Villaverde, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 20 de maio de 2016.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado por escrito ou en comparecencia, pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 20 de maio de 2016 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 34,59 euros diarios, ou polo aboamento de indemnización por importe de 760,98 euros. Advírtaselle á empresa que a falta de exercicio da facultade de opción dará lugar a que se considere procedente a readmisión con aboamento de salarios de tramitación.

– Condeno a empresa a aboarlle á demandante a cantidade de 1.048,92 euros, que devindicará xuro moratorio do 10 %.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, perante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar perante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0509-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0509-16, a cantidade obxecto da condena; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Para que sirva de notificación en forma a Lucía Testa Villaverde, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza