Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (411/2015).

Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento de modificación de medidas 411/2015 seguido por instancia de Beatriz López González, representada polo procurador Sr. Piñeiro Outeiral e asistida do letrado Sr. Lijo Pérez, fronte a Antonio Castro Andrade, declarado en rebeldía, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza.

Ribeira, 1 de xuño de 2016.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, os autos do procedemento de modificación de medidas nº 411/2015, no que foron parte demandante Beatriz López González, representada o procurador Sr. Piñeiro Outeiral e asistida polo letrado Xaquín Perez Lijó, e parte demandada Antonio Castro Andrade.

Decido.

Que estimando parcialmente as pretensións presentadas por Beatriz López González contra Antonio Castro Andrade, debo declarar e declaro que existe un cambio de circunstancias que permiten unha modificación das medidas definitivas acordadas en sentenza polo que a pensión de alimentos se fixa en 200 euros mensuais e que será aboada nos primeiros cinco días de cada mes na conta designada pola nai, sendo revalorizable anualmente conforme o IPC ou índice equivalente.

Non hai condena en custas.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronunciouno, mándoo e asínoo.

Maxistrada/xuíza

Secretaria

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Antonio Castro Andrade, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ribeira, 15 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza