Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 674/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 674/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marcos Manuel Deán Vila contra a empresa Limpezas Secope, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Fallo:

1º. Que, estimando integramente a demanda interposta por Marcos Manuel Dean Vila, contra a entidade Limpezas Secope, S.A. debo condenala e condénoa a que aboe ao demandante as cantidades de 3.929,90 € –incrementada cun interese do 10 %, contabilizado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución– en concepto de salarios debidos e a de 2.545,41 € en concepto de indemnización por extinción por causas obxectivas da relación laboral.

2º. Que debo condenar e condeno a Fogasa a aterse á condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fagáselles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza