Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notificarlle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.
De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.
O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.
Lugo, 15 de marzo de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR349A 2013/29-2.
Nome: Ailalelo Deseño Gráfico.
DNI/NIF: F27444710.
Último enderezo coñecido: rúa Cruz, 20, 1º D, 27001 Lugo.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de dous anos contado desde a data de realización da contratación.
Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo I da Orde do 28 de maio de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 20 de febreiro do 2017 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.