Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (863/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 863/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de las Mercedes Muñiz García contra Adrian Badiu Antache e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda formulada por María de las Mercedes Muñiz García contra Adrian Badiu Antache, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 1.051,88 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 38,25 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 18 de outubro de 2016, ata a data desta sentenza, por importe de 5.355 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adrian Badiu Antache, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza