Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 300/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Isabel Agra Amado contra Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:
Sentenza:
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017.
Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 300/2015, sendo parte neste, como demandante, Lorena Isabel Agra Amado, asistida polo graduado social Sr. Vidal Rey, e, como demandado, Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes:
Resolución:
Estímase a demanda interposta por Lorena Isabel Agra Amado, fronte á entidade Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.765,32 euros, máis o 10 % de interese por mora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.
Condénase en custas a empresa demandada dentro do límite legal.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Modo de impugnación. Advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.
Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.
E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017
A letrada da Administración de xustiza