Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de marzo de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-44/2016, por infracción leve en materia de turismo.

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan a resolución do expediente sancionador OU-S-442016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se poido efectuar.

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia na dependencia da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que considere oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes e deben aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou o hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 15 de marzo de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-44/2016.

Titular sancionado: Night Ourense, S.L.

Establecemento: Pub Prive.

Domicilio: Lúa, 18.

Localidade: Ourense.

Resolución: 13 de febreiro de 2017.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.6) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.