Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo de oficina técnica e consultoría para apoiar no seguimento do avance dos acordos asinados cos socios tecnolóxicos e industriais (fase A) da Civil UAVs Initiative e no proceso de definición, execución e despregamento de proxectos innovadores no marco da dita Iniciativa (fase B); contratación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder de Crecemento Intelixente 2014-2020 (POCInt), eixe OT1, prioridade de investimento 1b, obxectivo específico OE.1.2.1.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfonos: 981 95 70 14 e 981 95 70 42.

5º. Fax: 981 54 10 39.

6º. Enderezo de correo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7º. Calquera outra información ou consulta poderá obterse mediante correo electrónico remitido aos seguintes enderezos:

– Para cuestións relacionadas coas cláusulas administrativas:

xestion.gain@xunta.gal

– Para cuestións relacionadas coas prescricións técnicas:

xestion-cui-fase-a.gain@xunta.gal

8º. Perfil do contratante: http://Gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

9º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231

10º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica a cláusula 6 do prego, os interesados poderán examinar os pregos e a documentación complementaria polos medios indicados no presente anuncio, é dicir, na oficina de rexistro sinalada, nos enderezos indicados para a obtención de información/consultas e no perfil do contratante. Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes cunha antelación mínima de dez días naturais antes da fin do prazo de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 2017/1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a necesidade administrativa que deben satisfacer é a posta en marcha de servizos que velen polo correcto desenvolvemento da Civil UAVs Initiative (en diante, CUI), dos acordos derivados dela e dos proxectos innovadores que xurdan dela, a través de actividades de seguimento, xestión, apoio e consultoría e soporte especializado en ámbitos específicos considerados chave para garantir o seu éxito. O obxecto do contrato é un servizo de oficina técnica e consultoría que preste apoio á Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) no seguimento do avance dos acordos asinados cos socios tecnolóxicos e industriais seleccionados na fase A da Civil UAVs Initiative, así como na definición, execución e despregamento de proxectos innovadores no marco desta iniciativa (fase B). A contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun  80 %, no marco do programa operativo Feder de Crecemento Intelixente 2014-2020 (POCInt), eixe OT1, prioridade de investimento 1b, obxectivo específico OE.1.2.1.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos a partir da data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, nos termos previstos no artigo 303 do TRLCSP.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79411000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na epígrafe A do cadro de criterios de adxudicación do contrato, incluído no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.026.200 euros (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 1.013.100 euros (sen IVE).

Importe total (IVE incluído): 1.225.851 euros.

a) Financiamento da Gain: 539.374,44 euros (IVE incluído).

– Importe fase A: 367.755,30 euros (IVE incluído).

– Importe fase B: 171.619,14 euros (IVE incluído).

b) Financiamento Feder (só fase B): 686.476,56 euros (IVE incluído). A contratación das actividades relativas á fase A da CUI financiarase con cargo a fondos propios, as relativas á fase B cofinanciarase con cargo a fondos Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder de Crecemento Intelixente 2014-2020 (POCInt), eixe OT1, prioridade de investimento 1b, obxectivo específico OE.1.2.1; ao abeiro do convenio asinado o 21 xullo de 2016, entre a Axencia Galega de Innovación, o Ministerio de Economía e Competitividade (actual Ministerio de Economía, Industria e Competitividade), e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o cofinanciamento de determinadas actuaciones relativas al proyecto Civil UAVs Initiative, cofinanciado polo Feder 2014-2020. Para os efectos do cálculo da desagregación do orzamento, considérase que as actividades relativas á fase A representan un 30 % no total do orzamento de licitación. O cofinanciamento da Gain irá con cargo á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.640.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para os exercicios 2017 ao 2019.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: volume anual de negocios ou ben volume anual de negocios no ámbito a que se refire o contrato, referido aos tres últimos exercicios concluídos. Deberá acreditar a dita solvencia nos termos e nas condicións especificadas no punto F.2 (relativo aos medios de acreditación da solvencia económica e financeira) do cadro de características do contrato dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica mínima: relación dos principais servizos ou traballos realizados (deben indicar, segundo o cadro-modelo facilitado, o seu importe, datas e destinatario, público ou privado) e titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal directivo da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. Deberá acreditar a dita solvencia nos termos e nas condicións especificadas no punto F.3 (relativo aos medios de acreditación da solvencia técnica) do cadro de características do contrato dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data e hora límite: 26 de abril de 2017 ás 14.00 horas para as ofertas presentadas no Rexistro da Gain. Para as proposicións enviadas por correo, o anuncio ao órgano deberá enviarse dentro dese mesmo día, a hora límite será ás 23.59 horas, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Requisitos: na forma indicada na cláusula 6 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

9. Actos públicos de apertura.

Apertura de plicas:

– Data e hora: 8 de maio de 2017, ás 10.00 horas.

– Lugar: praza de Europa 10-A, 6º B de Santiago de Compostela.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de marzo de 2017.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación