Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PESAN1 2008/0226-1 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do expediente . PESAN1 2008/0226-1 e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, apartado c) da mesma lei.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PESAN1 2008/0226-1.

Persoa interesada: Higinio Manuel Fernández Bajo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: camiño Lodairo, 27, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1215-1.

Persoa interesada: Alejandro López Bustabad.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Emilia Pardo Bazán, portal 54, bloque 47, 1º C, Ferrol.

Expediente: PESAN1 2008/1704-1.

Persoa interesada: José Luis Calvo Castiñeiras.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Cecilia, urb. Fonte da Cruz, 1, 1º, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1705-1.

Persoa interesada: Roberto Carlos Calvo Castiñeiras.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Cecilia, urb. Fonte da Cruz, 1, 1º, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1706-1.

Persoa interesada: Marino Enríquez Doporto.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar O Broño, 29, Lago, Valdoviño.