Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14646

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de exposición pública da aprobación provisional da modificación do escudo heráldico e da creación da bandeira.

O Pleno do Concello de Valga, en sesión extraordinaria do día 16 de marzo de 2017, acordou a aprobación provisional da modificación do escudo heráldico e a creación da bandeira do Concello de Valga.

En cumprimento do disposto no Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, nos artigos 258 a 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e nos artigos 22.2.b) e 47.2.e) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante este anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Se transcorrido o dito prazo non se presentan reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo.

Valga, 17 de marzo de 2017

José María Bello Maneiro
Alcalde