Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14647

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre competencias delegadas polo Concello de Avión no relativo á xestión tributaria e recadación da taxa pola subministración de auga, saneamento e canon da auga da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 24 de febreiro de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Avión (xestión tributaria e recadación da taxa pola subministración de auga, saneamento e canon da auga da Xunta de Galicia), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 27 de febreiro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense