Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación de inscrición no inventario municipal.

O Pleno da Corporación municipal na sesión ordinaria do 31 de agosto de 2016, aprobou inicialmente a modificación da inscripción no inventario municipal de bens inmobles da parcela 322, polígono 11, correspondente ao Centro Socio-Cultural de Ribeira, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación da inscrición no inventario municipal da parcela catastral 322, polígono 11, no inventario municipal de bens inmobles, parcela do Centro Socio-Cultural de Ribeira.

2º. Aprobar inicialmente a inclusión das edificacións do Centro Socio-Cultural de Ribeira que forman parte da parcela catastral 322, polígono 11, no inventario municipal de bens inmobles.

3º. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario oficial de Galicia e taboleiro de edictos para os efectos de que polos interesados se presenten as reclamacións e suxerencias que se consideren convenientes.

O Porriño, 28 de febreiro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa