Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación do servizo de Cuntilín.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza Constitución.

3º. Localidade: Cuntis, CP 36636.

4º. Teléfono: 986 54 80 05.

5º. Correo electrónico: contratación@concellodecuntis.es.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante da Xunta de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=270&OR=270.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de Cuntilín.

c) Lugar de execución: Concello de Cuntis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación, que son os seguintes:

1º. Criterios avaliables mediante un xuízo de valor ata un máximo de 41 puntos.

1. Memoria técnica. A puntuación máxima a acadar nesta epígrafe é de 32 puntos.

Ata 4 puntos por cada actividade obrigatoria que se inclúa na memoria técnica e cumpra os requisitos enumerados nas bases.

Presentarase a memoria técnica tal e como se recolle na cláusula décima das bases, que deberá definir, de acordo coas exixencias do prego de prescricións técnicas, a proposta técnica que propón o licitador para realizar cada una das prestacións mínimas obrigatorias que integran o obxecto do contrato.

Os aspectos que se van puntuar na memoria técnica son:

• Claridade e especificidade na descrición da actividade: ata 0,5 puntos.

• A adecuación da actividade ás idades das e dos participantes: ata 0,5 puntos.

• Metas e obxectivos perseguidos: ata 0,5 puntos.

• Metodoloxía empregada: ata 0,5 puntos.

• O proxecto pedagóxico no seu conxunto: ata 2 puntos.

2. Actividades complementarias a maiores das actividades mínimas exixidas. A puntuación máxima que se acadará nesta epígrafe é de 9 puntos.

Ata 3 puntos por cada actividade optativa que se inclúa na memoria técnica e cumpra os requisitos enumerados nas bases.

As actividades que se oferten a maiores das actividades mínimas deben igualmente cumprir os requisitos expostos no prego de prescricións técnicas, nos números 2 e 3 da cláusula sétima e as cláusulas oitava e novena, así como deberán axustarse á descrición da memoria técnica que se presenta na cláusula décima do prego de prescricións técnicas. Deberán ser preferentemente actividades que fomenten a participación conxunta dos nenos e nenas e as súas familias e o coñecemento doutras realidades de Galicia.

Os aspectos que se van puntuar neste apartado son:

• Claridade e especificidade na descrición da actividade: ata 0,25 puntos.

• A adecuación da actividade ás idades das e dos participantes: ata 0,25 puntos.

• Metas e obxectivos perseguidos: ata 0,25 puntos.

• Metodoloxía empregada: ata 0,25 puntos.

• Participa a familia na organización e/ou desenvolvemento da actividade: ata 0,5 puntos.

• Favorece o coñecemento doutras realidades: ata 0,5 puntos.

• O proxecto pedagóxico no seu conxunto: ata 1 punto.

2º. Criterios avaliables mediante de xeito automático, ata 59 puntos.

1. Proposta de mais profesionais, a maiores do persoal mínimo exixido. A puntuación máxima que se pode acadar nesta epígrafe é de 19 puntos.

Como se especificaba no prego de prescricións técnicas, ademais do persoal mínimo exixido, valorarase que na oferta se inclúa algún profesional a maiores, que deberá cumprir os requisitos de cualificación que veñen definidos na letra C de solvencia técnica. No caso de ofertar máis profesionais dos mínimos exixidos, a entidade ou persoa xurídica que presenta a oferta deberá aplicar a corrección de xénero.

Tendo en conta o anterior, o baremo nesta epígrafe é o seguinte:

• Profesor/a especialista en Técnicas de Estudo, Habilidades Sociais e/ou Resolución de Conflitos: 5 puntos.

• Profesor/a especialista en Educación Especial: 5 puntos.

• Titulada/o superior en Educación Infantil: 4 puntos.

• Director/a de Actividades de Tempo Libre: 3 puntos.

• Monitor/a especialista en Psicomotricidade e Actividades Deportivas: 1 punto.

• Monitor/a especialista en Educación en Valores, Temas Transversais, Interculturalidade, etc.: 1 punto.

2. Formación complementaria de todo o persoal, a maiores da mínima exixida. A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado é de 10 puntos.

Ademais da formación obrigatoria que deben ter as/os profesionais que se encargarán de desenvolver o proxecto «Cuntilín», será obxecto de valoración o seguinte:

a) Título de grao superior de Educación Infantil: 3 puntos.

b) Título de director/a de Actividades de Tempo Libre: 1 punto.

c) Título de monitor/a de Actividades de Tempo Libre: 0,5 puntos.

En caso de posuír os dous títulos, de director/a e monitor/a, terase en conta o superior.

d) Outros cursos relacionados: Educación en Valores, Educación Especial, Psicomotricidade, Linguaxe de Signos, Atención á Diversidade, Mediación en Conflitos.

– Por cada curso de máis de 20 horas: 0,05 puntos por cada 20 horas, segundo a seguinte fórmula: (Nº de horas/ 20) × 0,2. Ata un máximo de 5,5 puntos.

3. Oferta económica:

O prezo ofertado valorarase cunha puntuación máxima de 30 puntos, atribuíndose os trinta puntos á oferta económica que conteña o importe máis baixo, 0 puntos a oferta que conteña o orzamento base de licitación, e o resto das ofertas valoraranse de xeito proporcional.

4. Valor estimado do contrato:

O prezo do contrato será de 6.666,67 euros/mes, o que supón para o período de dous anos 160.000 euros.

Este contrato está exento de IVE o abeiro do disposto no artigo 20, punto 9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Na devandita oferta entenderanse incluídos todos os gastos que, de acordo co presente prego, son por conta do adxudicatario, así como todos os custos directos e indirectos aos que este haxa de facer fronte para presentar a súa oferta e cumprir con todas as obrigas contractuais

5. Duración do contrato:

O contrato do servizo Cuntilín terá unha duración de 2 anos. Poderá ser obxecto dunha soa prórroga por un ano.

6. Solvencia técnica e económica:

a) Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido no convite a participar no procedemento, equivalente a un ano, e nos pregos do contrato, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado.

Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade; moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

b) Solvencia técnica: unha relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; se é o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Entenderase acreditada a solvencia coa presentación dun certificado de boa execución dun servizo similar ao do obxecto deste contrato, de entre os que figuren na relación presentada.

7. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte á data da última publicación nun dos boletíns oficiais recollidos no prego (DOG ou BOP), de conformidade co disposto no artigo 169 do TRLCSP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Órgano ao que vai dirixida a documentación: Alcaldía do Concello de Cuntis.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Cuntis, ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015.

9. Apertura de ofertas: a data e hora publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 28 de febreiro de 2017

Manuel Campos Velay
Alcalde