Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, unicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, de 13 obras de tratamentos silvícolas preventivos, sen admisión de variante, sen clasificación, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (expediente 6/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: a realización de obras de tratamentos silvícolas preventivos, para a redución e descontinuidade do combustible mediante rareos, rozas e podas, correspondentes á submedida 8.3, «Axuda para a prevención de danos causados por incendios, desastres naturais e outras catástrofes».

c) División por lotes e número: si, trece.

Lote 1

15M09/16

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios forestais en montes do concello de Mazaricos, do distrito forestal V-A Coruña

Lote 2

15M10/16

Tratamentos silvícolas preventivos no monte Carballeiras e Vilar do distrito forestal II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas

Lote 3

15M12/16

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios forestais nos montes Seixo (C-1001), Capelada e Couce (C-2036), e Penagrande e outros (1515544)-distrito forestal I-Ferrol

Lote 4

15M13/16

Tratamentos silvícolas preventivos en montes de xestión da demarcación do Barbanza do distrito forestal IV-Barbanza

Lote 5

32M25/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais na demarcación I, do distrito XIII-Valdeorras-Trives (Ourense)

Lote 6

32M32/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nas demarcacións Baixa Limia 1 e 2 do distrito forestal XV-A Limia

Lote 7

32M42/16

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios forestais no monte As Nabuíñas OR-1033 do concello de Laza, distrito forestal XIV-Verín-Viana (Ourense)

Lote 8

36M11/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nos montes Castrove, Rega do Can e Arén, distrito XIX

Lote 9

36M12/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais no monte Salgueiras (Pontecesures), distrito XIX

Lote 10

36M13/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nos montes Xiabre e Bamio, distrito XIX

Lote 11

27M21/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 12

27M08/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza e Xermade (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 13

27M20/16

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais en varios montes de xestión pública dos concellos de Lugo e Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

d) Prazo de execución: dezaoito (18) meses, a partir da sinatura da acta de comprobación de reformulo.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 45111000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada. Documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 2.639.079,56 €, IVE (ao 10 % e ao 21 %): 344.339,61 €. Importe total: 2.983.419,17 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 2.639.079,56 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Submedida 8.3 (axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo K, subgrupo 6, categoría que corresponda, tendo en conta o valor medio anual dos lotes aos que licite, estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nos parágrafos J e K do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % orzamento de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 60 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=137918

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. No caso de non ser posible nesa data, tería lugar na data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG serán por conta dos adxudicatarios.

12. Outras informacións: establécense condicións especiais de execución no punto X do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural