Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación de resolucións de expedientes tramitados por esta entidade (expediente 2011/129-36 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a seguir se indica as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Contra está resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal 8-1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 7 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2011/129-36.

Interesada: Mª Jesús Oliveira Oliveira.

DNI: 77418992-A.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 2 de marzo de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: traslado de expediente.

Nº de expediente: 2011/130-36.

Interesada: Mª Jesús Oliveira Oliveira.

DNI: 77418992-A.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 2 de marzo de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: traslado de expediente.