Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica o acordo de emprazamento á entidade interesada no recurso contencioso-administrativo P.O.15/2017A.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á entidade interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 15/2017A.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para considerar notificado este emprazamento se computará desde esa publicación.

Esta consellaría recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense a resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo que interpuxo Canteras Villamartín, S.L. contra a resolución adoptada pola secretaria xeral técnica (por delegación da conselleira do Medio Rural en virtude da Orde do 17 de novembro de 2015) do 19 de outubro de 2016, pola que se desestima o recurso de alzada interposto por Canteras Villamartín, S.L., contra a resolución do expediente sancionador MON-OU-0043/2014-ONA-VNA e MON-OU-0028/2015-ONA-VNA (acumulados).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou o 1.3.2017 e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión dos correspondentes expedientes ao referido tribunal, o que se lle notifica en canto interesado no procedemento e emprázase para que poida comparecer como parte no prazo de 9 días, que comezarán a contarse a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-OU-0043/2014-ONA-VNA e MON-OU-0028/2015-ONA-VNA (acumulados).

Procedemento ordinario: 15/2017A.

Interesado: Pizarras Robema, S.L.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo.