Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0169-2016 CAF e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e será a data de publicación neste que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0169-2016 CAF.

Denunciada: Celia López Sánchez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-CO-0018-2017 CSA.

Denunciado: Horacio Martínez Millarengo.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0170-2016 CAF.

Denunciado: Francisco Vilariño López.

Acto de notificación: proposta de resolución.