Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14420

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, a proposta dos tribunais cualificadores das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público do ano 2010-2011, o nomeamento de funcionarios de carreira, para as seguintes prazas, a favor das persoas que a continuación se relacionan:

– Persoal funcionario:

• Escala Administración especial. Subescala, servizos especiais. Clase, cometidos especiais. Denominación: técnico/a medio/a de igualdade.

Mª Mar Soto García, con DNI nº *****799W, pola quenda libre.

• Escala Administración especial. Subescala, servizos especiais. Clase: extinción de incendios. Denominación: cabo de extinción de incendios.

Francisco Javier Rivero Álvarez con DNI nº *****569H, pola quenda de promoción interna.

• Escala Administración especial. Subescala, servizos especiais. Clase: extinción de incendios. Denominación: bombeiro.

César Antonio González Iglesias con DNI nº *****756T, Alfredo Hernández Alonso con DNI nº*****209Y, Pedro Ben Blanco con DNI nº *****894Q e Iago Soto Domínguez con DNI nº*****537K, todos eles pola quenda libre.

• Escala Administración especial. Subescala, servizos especiais. Clase: extinción de incendios. Denominación: condutor-bombeiro.

Rodolfo Salgueiro Fernández con DNI nº *****422Y, pola quenda libre.

Vigo, 16 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decretos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado de Xestión Municipal e Persoal