Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle para edificio comercial.

Mediante a Resolución da Alcaldía de 24 de febreiro de 2017, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcamento, na antiga estrada de Santiago á Estrada km 3, lugar de Estivada (Cacheiras), promovido por José Ángel Martín Cuesta, en representación de Mercadona, S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas.

Conforme ao artigo 80 da LSG e 194 do RLSG, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, os propietarios e demais interesados poderán formular as alegacións que teñan por convenientes para a defensa dos seus dereitos e intereses.

De acordo co artigo 207 do RLSG, faise constar que o expediente completo está á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo, en horario de oficina, de 8.00 a 15.00 horas.

Teo, 10 de marzo de 2017

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde