Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

EDICTO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Rodeiro.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de marzo de 2017, acordou a aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito da avenida Aviador Gumersindo Areán, do lugar de Rodeiro, parroquia de Rodeiro, para a creación de equipamento para usos relixiosos.

De conformidade co establecido no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a documentación relativa á aprobación inicial acordada sométese a información pública durante un prazo de dous meses, co fin de que poida ser consultada por calquera persoa interesada e de formular, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Rodeiro, 20 de marzo de 2017

Luís López Diéguez
Alcalde