Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14421

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Ás 9.00 horas do día 15 de maio de 2017 terá lugar na Comandancia da Garda Civil, sita na praza Bretaña, s/n de Lugo, unha poxa de armas, composta por 319 lotes, que serán expostos ao público do 8 ao 12 de maio de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, momento en que será entregado ao público o correspondente prego de condicións. As poxas serán a prego pechado e o prazo de presentación finalizará ás 13.00 horas do día 12 de maio de 2017.

Lugo, 2 de marzo de 2017

Miguel Ángel González Arias
Coronel da Comandancia da Garda Civil de Lugo