Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14422

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de dúas cadeiras de académicos/as numerarios/as de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular e de Anestesioloxía e Reanimación.

Convócanse, para a súa provisión, dúas cadeiras de académico/a numerario/a de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular e de Anestesioloxía e Reanimación.

Para aspirar a tales cadeiras cómpre ser español/a, posuír grao de doutor/a en Medicina, contar cun mínimo de dez anos de exercicio profesional ou de actividade científica, terse distinguido con publicacións orixinais sobre temas médico-cirúrxicos ou ben ter práctica de recoñecido prestixio e residir en Galicia.

Os/as aspirantes non se poderán presentar persoalmente senón que deberán ser presentados/as mediante proposta individualizada e asinada por tres académicos/as numerarios/as. Esta proposta deberá ir acompañada do respectivo currículo do candidato/a, e presentarase na secretaría da Real Academia (r/ Durán Loriga, 10-2º, 15003 A Coruña), no prazo de quince días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 6 de febreiro de 2017

Francisco Martelo Villar
Académico numerario-secretario xeral da
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia