Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (603/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 603/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Catalina Maroño Sande, Elena Gómez Remuñán, María Dolores Cancelo Cancelo, María Jesús Estévez Vázquez, María Montserrat Espiña Moure, Josefina Castro Pena, María Jesús Lodeiro Regueiro, María José Ferro Adrán, María Pisco Suárez, Filomena Fariñas Villar, Elvira Varela Gómez, María Ascensión Abeijón Silleiro, Natividade Domínguez Castro, Jesús Rodríguez Rodríguez, María del Carmen Ons Nieto, Eva Ferro Adrán contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo:

– Ter por desistidas as demandantes Catalina Maroño Sande, Elena Gómez Remuñán, María Dolores Cancelo Cancelo, María Jesús Estévez Vázquez, María Montserrat Espiña Moure, Josefina Castro Pena, María Jesús Lodeiro Regueiro, María José Ferro Adrán, María Pisco Suárez, Filomena Fariñas Villar, Elvira Varela Gómez, María Ascensión Abeijón Silleiro, Natividade Domínguez Castro, Jesús Rodríguez Rodríguez, María del Carmen Ons Nieto, Eva Ferro Adrán presentouse demanda de cantidade fronte a Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución, sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander SA debendo indicar no campo concepto, "recurso" seguida do código "31 Social-Revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación "recurso" seguida do "31 social-revisión de resolucións letrada da Administración de xustiza". Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza