Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 156/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Castro González contra Salica Alimentos Congelados, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Limber Multiservicios, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Acordo ter por desistida a María Josefa Castro González da súa demanda e que, unha vez que sexa firme esta resolución, se arquivarán os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación. Poderase interpoñer recurso directo de revisión, ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Limber Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza