Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (77/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 77/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier González del Rosario contra a empresa Suntoaza, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«1º. Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Francisco Javier González del Rosario contra a entidade Suntoaza, S.L., debo condenala e a condeno a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.732,2 € incrementada cun xuro do 10 %, contabilizado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución e ata o límite de 473,22 €.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a se ater á condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

Para que sirva de notificación en legal forma a Suntoaza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza