Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 13959

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social, e se convocan para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro).

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 10 de marzo de 2017, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 12198, no único parágrafo da resolución, onde di: «...cun importe total de 721.601,38 euros», debe dicir: «...cun importe total de 868.601,12 euros».