Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 13960

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade da encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión de carácter técnico relativa á recepción de obras polos seus funcionarios técnicos.

De conformidade co artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión de carácter técnico relativa á recepción por funcionarios técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas das obras de acondicionamento do Camiño de Santiago, coas seguintes características:

– Actividade: xestión das actuacións precisas para a recepción por funcionarios técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas das seguintes obras de acondicionamento do Camiño de Santiago licitadas pola Axencia Turismo de Galicia:

– Proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte. Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoas á nova delimitación oficial (en 3 lotes).

– Proxecto de construción da recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte. Ruta da Costa, adaptándoa á delimitación oficial 2013-2014 (en 4 lotes).

– Proxecto básico e execución de pavimentación de travesía no núcleo rural da Canda (concello da Mezquita-Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre entidades públicas pertencentes ao sector público autonómico dotadas de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas o medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia da encomenda: ata o 31.12.2017.

– Causas de resolución: incumprimento total ou parcial dalgunha das condicións esenciais que regulan a presente encomenda de xestión, o transcurso do tempo estipulado sen que se teñan realizadas as actividades acordadas, o mutuo acordo das partes asinantes e a denuncia por causas de interese público, por instancia de calquera das partes.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia