Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (410/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 410/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Jomigal Construcciones, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

RESOLVO:

Estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra a mercantil Jomigal Construcciones, S.L. e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 573,26 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso a teor do disposto no artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Jomigal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza