Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13794

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO de notificación de sentenza (545/2015).

XVB xuízo verbal 545/2015

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandantes: Rogelio Montoto Areán, Carmen Penela Sanmartín

Avogada: María de los Ángeles Blanco Pérez

Demandada: Rosa Penela Areán

Eu, Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo verbal 545/2015, seguido por instancia de Rogelio Montoto Areán, Carmen Penela Sanmartín contra Rosa Penela Areán, foi ditada sentenza cuxo teor literal di:

«Sentenza

Lalín, 30 de decembro de 2016.

Xuíz: Gonzalo Sans Besada.

Demandantes: Rogelio Montoto Areán e Carmen Penela Sanmartín.

Letrada: Ángeles Blanco Pérez.

Demandada: Rosa Penela Areán (en situación de rebeldía procesual).

Obxecto: declarativa de dominio. Usucapión.

Decido:

Estimar integramente a demanda presentada por Rogelio Montoto Areán e Carmen Penela Sanmartín e, en consecuencia:

1. Declaro que Rogelio Montoto Areán e Carmen Penela Sanmartín son os propietarios do predio rústico denominado O Verdial, que se corresponde co terreo nº 445 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Losón, Vila de Cruces, a secaño, cunha superficie de 20 áreas e 40 centiáreas, igual a 2.040 m2, que linda: norte, camiño; sur, con Jesús Otero Varela (453) e Marcial Otero Campos (545); leste, con Ramón Iglesias Pereira (446); e oeste, con Rosa Matilde Blanco Indraschitz (444), e que figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín, tomo 848, libro 108, folio 134, predio 17.390.

2. Condeno a demandada a estar e pasar pola anterior declaración.

3. Ordeno a cancelación da inscrición en favor de Rosa Penela Areán do referido terreo. Expídase o oportuno mandamento ao Rexistro da Propiedade de Lalín.

4. Condeno en custas a demandada.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza é firme.

Así o acordo e asino. Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E encontrándose a devandita demandada, Rosa Penela Areán, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 27 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza