Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13573

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a realización de diversas actuacións en relación coa Orde do 30 de decembro de 2016.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización, a través do seu persoal técnico, de diversas actuacións en relación coa Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Entidade encomendante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas.

Actividades ás que se refire e alcance desta: realización de comprobacións de non inicio daqueles proxectos de infraestruturas para os que distintos concellos presentaron solicitude de subvención ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2016 e realización das visitas aos lugares das operacións obxecto da axuda ou emprazamentos dos investimentos para comprobar, en fase de control administrativo, a realización daqueles proxectos de infraestruturas con axuda concedida e cuxo investimento foi debidamente xustificado ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2016.

Natureza da encomenda: carácter gratuíto.

Prazo de vixencia da encomenda: dous anos.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza