Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13454

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (284/2011).

Eu, Carolina Elvira Vázquez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Antonio Gil Arjones fronte a Yolanda Carrera Hervas, Matilde Hervas Maeso, Ignacio Carrera Hervas, Javier Carrera Hervas ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ponteareas, 8 de xullo de 2015

Vistos por min, Caterina González Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario número 284/2011, seguidos neste xulgado por instancia de Antonio Gil Arjones, representado pola procuradora María Josefa Fernández Piñeiro e asistido pola letrada Isabel Pérez Expósito, contra Yolanda Carrera Hervas, Matilde Hervas Maeso, Ignacio Carrera Hervas e Javier Carrera Hervas, representados pola procuradora Nieves Fernández Suárez e asistidos polo letrado Ángel Carrera Iglesias.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora María Josefa Fernández Piñeiro en nome e representación de Antonio Gil Arjones, contra Yolanda Carrera Hervas, Matilde Hervas Maeso, Ignacio Carrera Hervas e Javier Carrera Hervas, o propietario do terreo denominado Palleiro ou Tallo sito na parroquia de Pías, municipio de Ponteareas, é Antonio Gil Arjones.

A nulidade de todos os documentos públicos e privados de adxudicación dos bens, dereitos e accións da herdanza de Ignacio Carrera Gil que se outorgasen ou se subscribise polos demandados, en relación co terreo Palleiro ou Tallo, tales como:

1. Acta de notoriedade de data do 28 de abril de 2009, con número 790 do seu protocolo autorizada polo notario de Ponteareas Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez.

2. Escritura de aceptación e adxudicación parcial de data do 28 de outubro de 2008, co número 1361 do seu protocolo autorizada polo notario de Madrid, Pedro Muñoz García Borbolla.

3. Escritura do 13 de marzo de 2009, co número 445 do seu protocolo autorizada polo notario de Ponteareas Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez.

A nulidade de todas as inscricións de dominio e demais dereitos reais así como calquera clase de anotacións practicadas a favor dos demandados no rexistro da propiedade sobre o ben inmoble de referencia sobre a base do punto anterior.

E que condena os demandados a estar e pasar por tales declaracións, así como entregar ao demandante a posesión do terreo obxecto da litis. Con expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. O recurso prepararase por escrito ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Así o pronuncio e mando».

E encontrándose a devandita demandada, Yolanda Carrera Hervas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ponteareas, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza