Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución da axuda pola contratación indefinida inicial regulada na Orde do 10 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo), relativa ao expediente TR349A 2016/27-2.

Intentada a notificación da resolución, ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícarsellese ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 6 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2016/27-2.

Nome: Carlos Villar Fernández.

DNI/NIF: 33289906M.

Último enderezo coñecido: San Martiño, 27, Cabreiros, 27833 Xermade (Lugo).

Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Orde reguladora: Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo), capítulo IV.

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 23 de decembro de 2016.