Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2017/15-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vilariño, 339-340, S.L.

Domicilio social: rúa Valiño, 5, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CS e CT: proxecto de instalación eléctrica en MT para urbanización «Lugar do Pedrouzo».

Situación: lg. do Pedrouzo, 15821 Arca, O Pino (A Coruña).

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, con inicio no centro de transformación da empresa distribuidora UDC600 (UTM: 552.425; 4.750.851), e fin na arqueta situada diante do CT, unha vez entre e saia no CT1-fase 1. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), Al, lonxitude aproximada de 305 m.

– Centro de transformación (CT1-fase 1) en caseta prefabricada de formigón, con celas prefabricadas de entrada, saída e protección (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña