Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (506/2014).

Seguridade Social 506/2014

Procedemento orixe: /

Sobre seguridade social

Demandante: Marcial Dasilva Estévez

Demandados: Isla Vionta, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermedades Profesionales SS N 61

Avogados: Fogasa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Xurídico Seguridade Social

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento Seguridade Social 506/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcial Dasilva Estévez contra Isla Vionta, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales SS N 61 sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3

Santiago de Compostela

Sentenza: 108/2017

Seguridade Social 506/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre: seguridade social

Demandante: Marcial Dasilva Estévez

Demandados: Isla Vionta, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales SS N 61

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 2017

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 506/14 seguidos por instancia de Marcial Dasilva Estévez, asistido pola graduada social Matilde Mallo Nieves, contra o Instituto Social da Mariña, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada María José Goyanes Viviani, contra a Mutua Fremap, asistida do letrado Guillermo Amigo Estrada e contra a entidade Isla Vionta, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ambos en rebeldía procesual, versando a litis sobre a base reguladora de prestación de incapacidade temporal.

Decido:

Que, debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Marcial Dasilva Estévez, asistido pola graduada social Matilde Mallo Nieves, contra o Instituto Social da Mariña, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada María José Goyanes Viviani, contra a Mutua Fremap, asistida do letrado Guillermo Amigo Estrada e contra a entidade Isla Vionta, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ambos en rebeldía procesual, e en consecuencia, debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de incapacidade temporal ascende a 2.493,26 euros, ou o que é o mesmo cunha base diaria de 83,11, debendo fixarse a prestación conforme a dita base reguladora, condenando os demandados a estar e pasar pola dita declaración. Por outra parte, debo condenar e condeno a entidade Isla Vionta, S.L., a que lle aboe ao demandante Marcial Dasilva Estévez a suma de 5.942,33 euros, cantidade que se verá incrementada nos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data de notificación da presente resolución e ata o seu completo pagamento, coa responsabilidade legal que corresponda ao Fondo de Garantía Salarial. Por último, debo absolver e absolvo a Mutua Fremap e o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade social polas razóns expostas nos fundamentos de dereito.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.

Para que sirva de notificación en legal forma a Isla Vionta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza