Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (467/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 467/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Ferreiros Blanco contra La Viña de Xabi, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 116/2017

PO procedemento ordinario 467/2015

Procedemento orixe:/

Sobre: ordinario

Demandante: Sergio Ferreiros Blanco

Avogado: Marisol Romero Salgado

Demandado: La Viña de Xabi, S.L. e Fogasa

Sentenza

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 467/2015 sendo parte neste, como demandante, Sergio Ferreiros Blanco, asistido pola letrada Romero Salgado, e como demandado, La Viña de Xabi, S.L.U., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Fallo.

Admítese a demanda interposta por Sergio Ferreiras Blanco fronte á Viña de Xabi, S.L. e, en consecuencia, condénase á demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.329,95 euros, cos xuros do 10 % por mora respecto da cantidade de 2.731,86 euros, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma á Viña de Xabi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza